Xan das Bólas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1908 A Coruña, España |
Morte | 13 de outubro de 1977 (68 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión |
Tomás Ares Pena, alcumado Xan das Bólas, nado na Coruña o 30 de outubro de 1908 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1977, foi un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no teatro na década dos anos 30 como humorista e actor de variedades. Finalizada a guerra civil española, emprendeu a súa carreira cinematográfica con Salomé (1940).
Nos anos seguintes chegou a consagrarse como un dos actores secundarios coa traxectoria máis extensa na historia do cinema español. A súa filmografía supera as duascentas películas e traballou ás ordes dalgúns dos máis importantes cineastas españois como Florián Rey, Luis Lucia, José Luis Sáenz de Heredia, Juan de Orduña, Luis García Berlanga o Juan Antonio Bardem.
Na televisión traballou na serie Crónicas de un pueblo e acompañou a Fernando Fernán Gómez en El Pícaro (1974), capítulo 1: "Lucas desea un traje y un amo y encuentra las dos cosas".
Filmografía
[editar | editar a fonte]A seguinte listaxe é sóamente unha escolma da súa filmografía:
- Éramos siete a la mesa (1942).
- El hombre que se quiso matar (1942).
- Tuvo la culpa Adán (1944).
- Ella, él y sus millones (1944).
- Mar abierto (1946)
- Botón de áncora (1948).
- Sabela de Cambados (1949).
- Historia de dos aldeas (1951).
- Malvaloca (1954).
- Historias de la radio (1955).
- Saeta rubia (1956).
- Muchachas de azul (1957).
- ¿Dónde vas, Alfonso XII? (1958).
- Plácido (1961).
- Aquí están las vicetiples (1961).
- La venganza de Don Mendo (1961).
- La gran familia (1962).
- El verdugo (1963).
- La chica del gato (1964).
- ¡Cómo está el servicio! (1968).
- Los que tocan el piano (1968).
- Objetivo bi-ki-ni (1968).
- Don Erre que erre (1970).
- Me siento extraña (1977).